Como xa saberedes, a Consellería de Cultura e Educación comunicou o pasado mércores á empresa Col-Servicol a rescisión do contrato do servicio de comedor escolar que prestaba no Gonzalo Torrente Ballester, a causa do "imcumprimento grave e reiterado" das condicións do contrato.
Desde esta ANPA queremos dar as grazas á nosa directora, Estrella Jiménez, por velar continuamente polo interese dos nosos nenos e nenas e non deixar de denunciar a situación cada vez que xurdía un problema no comedor. Tamén queremos agradecer aos pais e nais por estar sempre alerta e denunciar individualmente e de maneira colectiva. Vaian ademáis os nosos parabéns a todas as ANPAS dos coles afectados en Cambre e Culleredo coas que estivemos en contacto e á Federación de Anpas Galegas por apoiarnos. E, finalmente, ao Concello de Cambre por escoitarnos e dar a voz de alarma cando era necesario.
Esperamos que este problema quede xa no pasado e os nosos nenos e nenas teñan un servizo de comedor normalizado.