lunes, 23 de abril de 2012

FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR

No mes de xaneiro, debido ás innumerables queixas recibidas nesta asociación por parte de moitas familias sobre o funcionamento do comedor escolar durante este curso, presentamos un escrito dirixido á dirección do centro no que se recollian todos os problemas que as familias nos comentaban sobre o servizo de comedor.

Pasado o tempo sen atopar ningunha solución, vémonos na obriga de formalizar unha reclamación conxunta dirixida á Consellería de Educación, que presentaremos xunto con todas as sinaturas das familias afectadas.
Prazo para recoller as sinaturas: do mércores 25 de abril ao venres 4 de maio, na oficina do APA, dende as 17:00 h ata as 18:15 h.

Agradecemos anticipadamente a vosa colaboración, para tentar mellorar a calidade do servizo de comedor a prol dos nosos fillos/as.

Informámosvos de que a reclamación foi presentada no rexistro da Xunta de Galicia con data 11/05/2012.