miércoles, 18 de septiembre de 2013

30 ANIVERSARIO

Convidámosvos a todos/as a que veñades o venres 20 de setembro a partires das 17:00 horas a celebrar con todos nos o 30 aniversario do noso colexio, xunto cos mestres e autoridades locais e autonómicas.

Faremos un percorrido por toda a historia do noso centro e contaremos coa asistencia dunha filla do escritor Gonzalo Torrente Ballester, así como tamén cos mestres que inauguraron o centro, a primeira promoción de alumnos do colexio e a directiva da primeira APA.

Gustaríanos facer extensiva esta invitación a todos/as os alumnos/as, familias e APAS que pasaron polo noso centro escolar ao longo destes 30 anos.                                                   
                                                                       

martes, 17 de septiembre de 2013




Benvidos a todos e todas ao  novo curso escolar 2013/2014.

Como todos os anos animámosvos a que vos fagades socios do ANPA e que participedes nas actividades que organizamos para todos os nenos.




 Impreso de solicitude de inscrición das actividades extraescolares.   
Impreso  para facerse socio.   
Impreso para usar o transporte extraescolar.       

Así mesmo comunicámosvos que o luns 23 de setembro terá lugar a asamblea de apertura do curso escolar.

Esperamos vervos alí a todos.