martes, 11 de diciembre de 2012

FESTA DE NADAL

O venres 21 de decembro celebraremos no pavillón do centro a tradicional festa de Nadal a partires das 17:30 horas. Os nenos que desexen asistir deberán traer debidamente cuberta a autorización que vos enviaremos nestes días.

Como en anos anteriores, terá lugar o concurso de postres navideños, que deberedes entregarnos ese día ao comezo da festa.

Pedimos tamén, coma sempre, a vosa colaboración para a merenda que terá lugar ao remate de todas as sorpresas que temos preparadas. Todo aquelo co que queirades colaborar (dulces, chocolates, turróns, biscoitos, etc.), poderedes entregalo no colexio ou na oficina do APA a partires do luns 17 de decembro.

Esperamos contar con todos vos para celebrar o inicio das 

festas do Nadal ! ! !


lunes, 10 de diciembre de 2012

MOVILIZACIÓNS DO DÍA 13 DE DECEMBRO

O xoves 13 de decembro terán lugar unha serie de movilizacións en contra dos cambios no sistema educativo que o actual goberno pretende implantar.
Aquí poderedes ver o cartel informativo, así como o comunicado  que nos enviou a Federación de APAS da Coruña e o manifesto que se vai ler na concentración prevista para as 19:00 horas.

lunes, 3 de diciembre de 2012

I CONCURSO DE ADORNOS DE NADAL

No Cartel informativo tedes toda a información necesaria sobre esta actividade.
Valoraranse só os adornos feitos exclusivamente polos nenos/as.

jueves, 22 de noviembre de 2012

REUNIÓN ACTIVIDADE DE CANTO

Presentámosvos a información sobre a actividade de canto que pretendemos impartir no colexio a partires do mes de decembro. Esperamos que sexa do voso agrado e que asistades á reunión do martes 27 de novembro.

martes, 20 de noviembre de 2012

RECOLLIDA DE ROUPA E XOGUETES

Un ano máis queremos colaborar coa ONG Equus Zebra da Coruña para conseguir que todos os nenos e nenas teñan un agasallo polo Nadal. Este ano, a parte dos xoguetes, imos recoller tamén roupa usada que se atope en bó estado.
Por iso, animámosvos a todos a que colaboredes na medida en que poidades para conseguir este obxectivo humanitario.

O prazo de recollida de xoguetes será dende o luns 26 de novembro ata o venres 14 de decembro na oficina do APA en horario de 16:30 h a 18:15 h.

lunes, 5 de noviembre de 2012

FESTA DO MAGOSTO 2012

O vindeiro venres día 9 de novembro terá lugar no colexio a celebración do Magosto.

A partir das 15:00 horas, contaremos coa actuación do paiaso Peter Punk (pertencente á rede cultural da Deputación e subvencionada polo APA), que coma noutras ocasións, dará un toque especial a esta festa.

Despois farase entrega dos premios aos gañadores do concurso dos recipientes das castañas.

Finalmente poderemos degustar, todos xuntos, das tradicionais castañas asadas.

Contamos con todos vos a partires das 16:15 horas.

miércoles, 17 de octubre de 2012

ANTEPROXECTO DA REFORMA EDUCATIVA

Como consecuencia das últimas novidades, recortes e movilizacións en relación co sistema educativo actual, enviamos a todas as familias a seguinte circular informativa sobre este tema.


Para máis información podedes acceder á páxina web: http://www.fedapascoruna.org/


Así mesmo, presentámosvos o anteproxecto de reforma educativa que o goberno actual pretende levar a cabo, para que poidades valorar e opinar.

lunes, 24 de septiembre de 2012

VENDA DE MATERIAL USADO DE ACTIVIDADES


Se estades interesados en vender o material que non usedes de actividades extraescolares, ben porque os vosos fillos/as non van á actividade ou porque xa non lles serve, podedes entregalo na oficina do APA, xa que hai outras familias que poden estar interesadas en compralo de segunda man. Tal é o caso de patinaxe (patíns e traxes), ximnasia rítmica (traxes e punteiras), xoquei (paos), etc.

Para resolver calquera dúbida estamos á vosa disposición. Podedes poñervos en contacto con nós a través de e-mail, teléfonos de contacto ou na oficina do APA.       

viernes, 14 de septiembre de 2012

Un ano máis comezamos un novo curso escolar co desexo de mellorar en todos aqueles aspectos que afectan á vida escolar do noso centro.

Dende esta directiva, damos a benvida ás novas familias que este ano pasan a formar parte desta comunidade escolar, e animámolas a que se fagan socios/as do APA.

Con este afán, dende a directiva desta asociación, convidámosvos a todos os pais e nais a asistir á asamblea xeral de inicio do curso que terá lugar o vindeiro venres día 21 de setembro ás 19:00 h en primeira convocatoria e ás 19:30 h en segunda, na que trataremos temas como: presentación da nova directiva, a programación das actividades extraescolares para este curso, etc. e resoveremos todas aquelas dúbidas que se vos plantexen a cerca do funcionamento e desenvolvemento das actividades.

sábado, 9 de junio de 2012

FESTA FIN DE CURSO

O venres 22 de xuño a partires das 16:00 horas, terá lugar, coma todos os anos, a festa de fin de curso organizada polo APA, para celebrar o remate do curso escolar.

Contaremos cun innumerable número de hinchables, talleres didácticos e moita, moita diversión, que esperamos que sexan do agrado de todos os nenos e nenas do colexio, pais, familiares e amigos.

Remataremos coa tradicional churrascada.

ESTADES TODOS INVITADOS!!!!!!!          
                                  

ASAMBLEA XERAL FIN DE CURSO

Lembrámosvos a todos/as que o venres 15 de xuño terá lugar a celebración da asamblea xeral de fin de curso a partires das 19:00 horas en 1ª convocatoria e 19:30 en 2ª convocatoria.

Agradecemos de antemán a vosa asistencia.

IV FESTA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

TRÍPTICO INFORMATIVO

miércoles, 16 de mayo de 2012

EXCURSIÓN Á ILLA DE ONS

O vindeiro día 16 de xuño (sábado)  iremos todos de excursión á illa de Ons.

Viaxaremos en autobús ata Bueu e alí colleremos o barco ata a illa, onde pasaremos unha agradable xornada, guiados en todo momento por monitores especializados.

Enviámosvos unha circular con toda a información referente a esta excursión, así como o impreso de inscrición.
Cremos que a viaxe en barco é unha experiencia novedosa para a maioría dos nosos fillos/as, por iso esperamos que vos animedes a participar connosco nesta excursión aventureira.



martes, 15 de mayo de 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


O luns 28 de maio, en conmemoración do Día das Letras Galegas, celebraremos no comedor do colexio unha pequena obra de teatro protagonizada polos nenos/as que asisten a esta actividade extraescolar.
Esta representación terá lugar a partires das 17:00 horas e ao remate da mesma, haberá unha merenda para todos os rapaces/as asistentes.

Todos os alumnos/as que queiran asistir deberán traer debidamente cuberta a autorización antes do mércores 23 de maio. 

  ESTADES TODOS INVITADOS!!!

lunes, 23 de abril de 2012

FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR

No mes de xaneiro, debido ás innumerables queixas recibidas nesta asociación por parte de moitas familias sobre o funcionamento do comedor escolar durante este curso, presentamos un escrito dirixido á dirección do centro no que se recollian todos os problemas que as familias nos comentaban sobre o servizo de comedor.

Pasado o tempo sen atopar ningunha solución, vémonos na obriga de formalizar unha reclamación conxunta dirixida á Consellería de Educación, que presentaremos xunto con todas as sinaturas das familias afectadas.
Prazo para recoller as sinaturas: do mércores 25 de abril ao venres 4 de maio, na oficina do APA, dende as 17:00 h ata as 18:15 h.

Agradecemos anticipadamente a vosa colaboración, para tentar mellorar a calidade do servizo de comedor a prol dos nosos fillos/as.

Informámosvos de que a reclamación foi presentada no rexistro da Xunta de Galicia con data 11/05/2012.



lunes, 26 de marzo de 2012

XORNADA LECTIVA

A continuación publicamos o Proxecto de modificación da xornada lectiva presentado polo centro para a modificación da xornada lectiva. Así mesmo queremos que reflexionedes sobre unha serie de cuestións que pasamos a expoñer nas circulares enviadas por e-mail ás familias asociadas.

Circular 1

Circular 2 (enviada a raíz de certas críticas a esta asociación).

miércoles, 1 de febrero de 2012

Festa de Entroido

   O  vindeiro venres 17 de febreiro, celebraremos, como todos os anos, a festa de Entroido.Terá lugar a partires das 17:30 horas no pavillón do colexio e contaremos coa actuación do clown Jano.

  Para facervos unha idea da súa divertida actuación, presentámosvos   o seu video promocional, esperando que sexa do voso agrado.

 Remataremos a festa coa tradicional merenda para todos os asistentes, para o que agradeceremos a colaboración de todas as familias con productos típicos destas datas.



video