viernes, 22 de noviembre de 2013

CALENDARIO ESCOLAR 2013/2014

Se queredes consultar o calendario escolar para o curso 2013/2014, podédelo facer no DOG núm. 107 do 06/06/2013.
 Informámosvos a todos que os días non lectivos aprobados no Consello Escolar son o 28 de febreiro e o 2 de maio.

miércoles, 18 de septiembre de 2013

30 ANIVERSARIO

Convidámosvos a todos/as a que veñades o venres 20 de setembro a partires das 17:00 horas a celebrar con todos nos o 30 aniversario do noso colexio, xunto cos mestres e autoridades locais e autonómicas.

Faremos un percorrido por toda a historia do noso centro e contaremos coa asistencia dunha filla do escritor Gonzalo Torrente Ballester, así como tamén cos mestres que inauguraron o centro, a primeira promoción de alumnos do colexio e a directiva da primeira APA.

Gustaríanos facer extensiva esta invitación a todos/as os alumnos/as, familias e APAS que pasaron polo noso centro escolar ao longo destes 30 anos.                                                   
                                                                       

martes, 17 de septiembre de 2013




Benvidos a todos e todas ao  novo curso escolar 2013/2014.

Como todos os anos animámosvos a que vos fagades socios do ANPA e que participedes nas actividades que organizamos para todos os nenos.




 Impreso de solicitude de inscrición das actividades extraescolares.   
Impreso  para facerse socio.   
Impreso para usar o transporte extraescolar.       

Así mesmo comunicámosvos que o luns 23 de setembro terá lugar a asamblea de apertura do curso escolar.

Esperamos vervos alí a todos.

miércoles, 19 de junio de 2013

BANCO DE LIBROS DE TEXTO

Esta é a circular e o modelo de doazón e solicitude de libros de texto para o vindeiro curso 2013/2014. Pincha aquí.

jueves, 13 de junio de 2013

FESTA FIN DE CURSO 2012/2013

O vindeiro venres 21 de xuño, a partires das 16.00h, terá lugar no colexio a tradicional festa de fin de curso, na que todos os nenos e nenas poderán disfrutar dunha tarde chea de xogos e sorpresas.
Para rematar contaremos coma sempre, coa tradicional churrascada para pequenos e adultos.

Esperamos vervos a todos!!!!!

viernes, 3 de mayo de 2013

V FESTA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES



Terá lugar o vindeiro sábado 25 de maio no Pavillón Municipal dos Campóns a partir das 16:00 horas.

Como todos os anos, agradeceríamos que colaborásedes con nos, aportando algo para a merenda, que terá lugar ao remate de todas as exhibicións.

SERVIZO DE PRÉSTAMO DE LIBROS DE TEXTO


Para o vindeiro curso escolar 2013/2014, queremos poñer en funcionamento un programa de reutilización de libros de texto, coa finalidade de que unha cantidade de libros poidan ser aproveitados polos nosos alumnos e alumnas e supoña un aforro para as familias.

Para levar a cabo esta labor, necesitamos que todos os que queirades formar parte deste proxecto, e teñades nenos/as en 3º, 4º, 5º ou 6º de primaria, colaboredes con nos, aportando os libros deste curso ao remate do mesmo.