lunes, 16 de noviembre de 2015



Tarde de Magosto no noso cole!


O pasado venres, 13 de novembro, celebramos no noso cole a tradicional festa do magosto, con gran éxito de participación.

Os nen@s participaron de xogos organizados polos seus profesor@s e deleitáronnos cunha canción e baile populares no patio do colexio.
De seguido, nen@s, profes e pais e nais deron boa conta das castañas asadas preparadas pola ANPA e a súa rede inestimable de colaboradores.

Esta festa foi posible grazas á coordinación desde un primeiro momento coa directora e profesor@s. Tamén queremos agradecer a GADIS a desinteresada doazón de 20 quilos de castañas e á nosa rede de colaborador@s á axuda prestada no terreno loxístico. Finalmente, á Asociación dos Veciños de Sigrás por prestarnos ó seu material é, en especial, á nosa compañeira Mari.

 Sen tod@s el@s, a festa non tería sido posible!


viernes, 13 de noviembre de 2015





Comedor escolar


Como xa saberedes, a Consellería de Cultura e Educación comunicou o pasado mércores á empresa Col-Servicol a rescisión do contrato do servicio de comedor escolar que prestaba no Gonzalo Torrente Ballester, a causa do "imcumprimento grave e reiterado" das condicións do contrato.

Desde esta ANPA queremos dar as grazas á nosa directora, Estrella Jiménez, por velar continuamente polo interese dos nosos nenos e nenas e non deixar de denunciar a situación cada vez que xurdía un problema no comedor. Tamén queremos agradecer aos pais e nais por estar sempre alerta e denunciar individualmente e de maneira colectiva. Vaian ademáis os nosos parabéns a todas as ANPAS dos coles afectados en Cambre e Culleredo coas que estivemos en contacto e á Federación de Anpas Galegas por apoiarnos. E, finalmente, ao Concello de Cambre por escoitarnos e dar a voz de alarma cando era necesario.

Esperamos que este problema quede xa no pasado e os nosos nenos e nenas teñan un servizo de comedor normalizado.