miércoles, 18 de septiembre de 2013

30 ANIVERSARIO

Convidámosvos a todos/as a que veñades o venres 20 de setembro a partires das 17:00 horas a celebrar con todos nos o 30 aniversario do noso colexio, xunto cos mestres e autoridades locais e autonómicas.

Faremos un percorrido por toda a historia do noso centro e contaremos coa asistencia dunha filla do escritor Gonzalo Torrente Ballester, así como tamén cos mestres que inauguraron o centro, a primeira promoción de alumnos do colexio e a directiva da primeira APA.

Gustaríanos facer extensiva esta invitación a todos/as os alumnos/as, familias e APAS que pasaron polo noso centro escolar ao longo destes 30 anos.