lunes, 18 de enero de 2016


Pasando polo Nadal de camiño ao Entroido

En 2015, os nenos e nenas do noso cole adornaron a súa particular árbore de Nadal con desexos para o 2016. 
Cada nen@ colocou nela un corazón que contiña un desexo. 
Atopamos corazóns que ían desde o non á violencia de género a pedir moito amor e felicidade, ata que ningún neno quedara sen un presente de Nadal este ano.

Construímos a particular árbore con descartes de madeiras doadas por Madeiras Lamelas.
Foi montada de maneira inxeniosa por Gari, pai de Xabi e Iker.

GRAZAS a todos pola vosa colaboración!



Esperamos que O Entroido, que xa está aí ás portas, nos depare moitas sorpresas!

lunes, 16 de noviembre de 2015



Tarde de Magosto no noso cole!


O pasado venres, 13 de novembro, celebramos no noso cole a tradicional festa do magosto, con gran éxito de participación.

Os nen@s participaron de xogos organizados polos seus profesor@s e deleitáronnos cunha canción e baile populares no patio do colexio.
De seguido, nen@s, profes e pais e nais deron boa conta das castañas asadas preparadas pola ANPA e a súa rede inestimable de colaboradores.

Esta festa foi posible grazas á coordinación desde un primeiro momento coa directora e profesor@s. Tamén queremos agradecer a GADIS a desinteresada doazón de 20 quilos de castañas e á nosa rede de colaborador@s á axuda prestada no terreno loxístico. Finalmente, á Asociación dos Veciños de Sigrás por prestarnos ó seu material é, en especial, á nosa compañeira Mari.

 Sen tod@s el@s, a festa non tería sido posible!


viernes, 13 de noviembre de 2015





Comedor escolar


Como xa saberedes, a Consellería de Cultura e Educación comunicou o pasado mércores á empresa Col-Servicol a rescisión do contrato do servicio de comedor escolar que prestaba no Gonzalo Torrente Ballester, a causa do "imcumprimento grave e reiterado" das condicións do contrato.

Desde esta ANPA queremos dar as grazas á nosa directora, Estrella Jiménez, por velar continuamente polo interese dos nosos nenos e nenas e non deixar de denunciar a situación cada vez que xurdía un problema no comedor. Tamén queremos agradecer aos pais e nais por estar sempre alerta e denunciar individualmente e de maneira colectiva. Vaian ademáis os nosos parabéns a todas as ANPAS dos coles afectados en Cambre e Culleredo coas que estivemos en contacto e á Federación de Anpas Galegas por apoiarnos. E, finalmente, ao Concello de Cambre por escoitarnos e dar a voz de alarma cando era necesario.

Esperamos que este problema quede xa no pasado e os nosos nenos e nenas teñan un servizo de comedor normalizado.

sábado, 31 de octubre de 2015



Cabazas para o Samaín!

Coma noutros anos, os nenos e nenas do noso cole dan renda solta á súa imaxinación e traen cabazas feitas na casa coa inestimable axuda dos seus pais e nais.


Moitos parabéns a todos pola originalidade e creatividade que vimos nesta semana de Samaín!

miércoles, 28 de octubre de 2015


Magosto Solidario no Concello de Cambre


Nesta fin de semana chea de actos adicados ao Samaín, recomendamos a acción solidaria levada a cabo polo Concello de Cambre.
Podedes achegarvos ao Parque Ramón Barba, a partir das 17:30 horas e desfrutar dum Magosto Solidario. Trátase de levar alimentos para intercambiar por castañas. Un pequeno esforzo que significa moi pouco para nós e moito para as persoas que o necesitan. 

Xa sabes, este venres, con cada doazón de alimentos o concello agasállate con castañas!

jueves, 22 de octubre de 2015


"Se queres construir un barco, non comeces por buscar madeira, cortar táboas ou distribuir o traballo. Sementa primeiro nos homes e mulleres o desexo do mar libre e largo"
Antoine de Saint-Exupéry

Comezamos un novo camiño neste mes de outubro ilusionadas e sendo conscientes do reto que temos. Cremos nas persoas, no seu potencial e, por iso, queremos apostar pola comunicación e o trato directo, preto, practicando a escoita activa, fomentando o diálogo, a actitude positiva co obxecto de cumprir coas expectativas e desexos desta pequena comunidade que somos pais e nais, profesor@s e nen@s.

Ainoa, Estela, Helena, Lorena, Marta, Mila, Montse e Paula
ANPA "O Souto"