miércoles, 29 de abril de 2015

PLAN XERMOLA

Dende a Xunta de Galicia créase o Plan Xermola. 
O Concello de Cambre foi invitado e incluido neste plan.

Para qué?
1. Implicar activamente aos concellos nos procesos de promoción da saude descentralizando estes procesos.
2. Probar intervencións en diferentes contextos: en grupos de traballo e en equipos multidisciplinares (concello, e sector educativo, comunitario e sanitario).
3. Establecer , conectar e expoñer aspectos de xestión e cordinación máis relevantes.
4: obter protocolos de intervención nos ámbitos sanitario, escolar, municipal e comunitario.

Quen forma os equipos multidisciplinares?
Pois equipos estarán compostos como mínimo de:
1. Representantes do goberno local: sanidade, educación, deportes e servicios sociais.
2. Representantes de educación: un por centro escolar. 
3. Representantes de saude comunitaria: un por centro sanitario.
4. Persoal técnico da Xefatura Territorial de Sanidade.

Cales son as funcións?
1. Análisis demográfico.
2. Detectar as necesidades e oportunidades do entorno.
3. Deseñar un plan de intervención local e dinamizar  o desenvolvemento das actividades propostas.
4. Realizar o seguemento e evaluación das intervencións.
5. Rexistro de resultados do plan de intervención local.

Cal é o obxectivo?

A PREVENCIÓN DA OBESIDADE INFANTIL