jueves, 8 de diciembre de 2011

Semana de portas abertas

Dende o mércores 14 de decembro e ata o martes día 20 terá lugar, como todos os trimestres, a xornada de portas abertas (no colexio, pavillón do colexio e dos Campóns e piscina da Barcala), de 17:15 horas a 18:15 horas.
Todos os pais e familiares poderán comprobar todo o que aprenderon os nosos rapaces/as nas actividades extraescolares.

Lembrámosvos que para asistir á actividade de natación, é necesario levar chanclas.

lunes, 5 de diciembre de 2011

Festa de Nadal

O día 21 de decembro celebraremos unha festa para todos no pavillón do colexio, a partires das 17:30 horas.

Será unha tarde máxica na que haberá moitas sorpresas agradables:
  • Visitaranos Papá Noel, para que os nenos lle poidan entregar as súas cartas.
  • Haberá un concurso de postres navideños, no que poderán participar todos os pais, titores e familiares que o desexen.
  • Faremos tamén un concurso de postais navideñas, no que poderán participar todos/as nenos/as que queiran, entregando as súas tarxetas antes do día 19 de decembro.
  • Haberá tamén xogos e obradoiros guiados por monitores especializados.
  • E, por último a tradicional merenda navideña, para o que agradecemos, como todos os anos, a colaboración de todas as familias con productos típicos destas datas.

                                      

domingo, 27 de noviembre de 2011

Recollida de xoguetes



A partires do 1 de decembro e ata o día 15, todas aquelas familias que queiran colaborar connosco na recollida de xoguetes usados (que se atopen en bo estado), poderán facelo entregándoos nas oficinas do ANPA de luns a venres en horario de 17:00 h. a 18:15h.

Todo o que recaudemos será destinado a unha entidade benéfica, coa finalidade de que todos os nenos/as teñan un regalo este Nadal.

sábado, 22 de octubre de 2011

Actuación de Peter Punk

O venres, día 28 de outubro terá lugar a actuación do pallaso Peter Punk no pavillón do colexio en horario de 17:30h. a 18:30h, con motivo da celebración do Magosto.
Máis

Tríptico

Podedes ver algunhas das fotos da actuación, dentro do apartado de imaxes.

Comedor escolar curso 2011-2012

Este ano a empresa encargada do servizo de catering do comedor é EURÉS COLECTIVIDADES.

Todas as dúbidas, suxestións e queixas que poidades ter a cerca do funcionamento do comedor, podédesnolo transmitir a través do e-mail da asociación.

Normas xerais

Menús mensuais