sábado, 9 de junio de 2012

FESTA FIN DE CURSO

O venres 22 de xuño a partires das 16:00 horas, terá lugar, coma todos os anos, a festa de fin de curso organizada polo APA, para celebrar o remate do curso escolar.

Contaremos cun innumerable número de hinchables, talleres didácticos e moita, moita diversión, que esperamos que sexan do agrado de todos os nenos e nenas do colexio, pais, familiares e amigos.

Remataremos coa tradicional churrascada.

ESTADES TODOS INVITADOS!!!!!!!          
                                  

ASAMBLEA XERAL FIN DE CURSO

Lembrámosvos a todos/as que o venres 15 de xuño terá lugar a celebración da asamblea xeral de fin de curso a partires das 19:00 horas en 1ª convocatoria e 19:30 en 2ª convocatoria.

Agradecemos de antemán a vosa asistencia.

IV FESTA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

TRÍPTICO INFORMATIVO

miércoles, 16 de mayo de 2012

EXCURSIÓN Á ILLA DE ONS

O vindeiro día 16 de xuño (sábado)  iremos todos de excursión á illa de Ons.

Viaxaremos en autobús ata Bueu e alí colleremos o barco ata a illa, onde pasaremos unha agradable xornada, guiados en todo momento por monitores especializados.

Enviámosvos unha circular con toda a información referente a esta excursión, así como o impreso de inscrición.
Cremos que a viaxe en barco é unha experiencia novedosa para a maioría dos nosos fillos/as, por iso esperamos que vos animedes a participar connosco nesta excursión aventureira.



martes, 15 de mayo de 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


O luns 28 de maio, en conmemoración do Día das Letras Galegas, celebraremos no comedor do colexio unha pequena obra de teatro protagonizada polos nenos/as que asisten a esta actividade extraescolar.
Esta representación terá lugar a partires das 17:00 horas e ao remate da mesma, haberá unha merenda para todos os rapaces/as asistentes.

Todos os alumnos/as que queiran asistir deberán traer debidamente cuberta a autorización antes do mércores 23 de maio. 

  ESTADES TODOS INVITADOS!!!

lunes, 23 de abril de 2012

FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR

No mes de xaneiro, debido ás innumerables queixas recibidas nesta asociación por parte de moitas familias sobre o funcionamento do comedor escolar durante este curso, presentamos un escrito dirixido á dirección do centro no que se recollian todos os problemas que as familias nos comentaban sobre o servizo de comedor.

Pasado o tempo sen atopar ningunha solución, vémonos na obriga de formalizar unha reclamación conxunta dirixida á Consellería de Educación, que presentaremos xunto con todas as sinaturas das familias afectadas.
Prazo para recoller as sinaturas: do mércores 25 de abril ao venres 4 de maio, na oficina do APA, dende as 17:00 h ata as 18:15 h.

Agradecemos anticipadamente a vosa colaboración, para tentar mellorar a calidade do servizo de comedor a prol dos nosos fillos/as.

Informámosvos de que a reclamación foi presentada no rexistro da Xunta de Galicia con data 11/05/2012.



lunes, 26 de marzo de 2012

XORNADA LECTIVA

A continuación publicamos o Proxecto de modificación da xornada lectiva presentado polo centro para a modificación da xornada lectiva. Así mesmo queremos que reflexionedes sobre unha serie de cuestións que pasamos a expoñer nas circulares enviadas por e-mail ás familias asociadas.

Circular 1

Circular 2 (enviada a raíz de certas críticas a esta asociación).