A continuación publicamos o Proxecto de modificación da xornada lectiva presentado polo centro para a modificación da xornada lectiva. Así mesmo queremos que reflexionedes sobre unha serie de cuestións que pasamos a expoñer nas circulares enviadas por e-mail ás familias asociadas.
Circular 1
Circular 2 (enviada a raíz de certas críticas a esta asociación).
lunes, 26 de marzo de 2012
miércoles, 1 de febrero de 2012
Festa de Entroido
O vindeiro venres 17 de febreiro, celebraremos, como todos os anos, a festa de Entroido.Terá lugar a partires das 17:30 horas no pavillón do colexio e contaremos coa actuación do clown Jano. Para facervos unha idea da súa divertida actuación, presentámosvos o seu video promocional, esperando que sexa do voso agrado.
Remataremos a festa coa tradicional merenda para todos os asistentes, para o que agradeceremos a colaboración de todas as familias con productos típicos destas datas.
jueves, 8 de diciembre de 2011
Semana de portas abertas
Dende o mércores 14 de decembro e ata o martes día 20 terá lugar, como todos os trimestres, a xornada de portas abertas (no colexio, pavillón do colexio e dos Campóns e piscina da Barcala), de 17:15 horas a 18:15 horas.
Todos os pais e familiares poderán comprobar todo o que aprenderon os nosos rapaces/as nas actividades extraescolares.
Lembrámosvos que para asistir á actividade de natación, é necesario levar chanclas.
Todos os pais e familiares poderán comprobar todo o que aprenderon os nosos rapaces/as nas actividades extraescolares.
Lembrámosvos que para asistir á actividade de natación, é necesario levar chanclas.
lunes, 5 de diciembre de 2011
Festa de Nadal
Será unha tarde máxica na que haberá moitas sorpresas agradables:
Visitaranos Papá Noel, para que os nenos lle poidan entregar as súas cartas.
- Haberá un concurso de postres navideños, no que poderán participar todos os pais, titores e familiares que o desexen.
- Faremos tamén un concurso de postais navideñas, no que poderán participar todos/as nenos/as que queiran, entregando as súas tarxetas antes do día 19 de decembro.
- Haberá tamén xogos e obradoiros guiados por monitores especializados.
- E, por último a tradicional merenda navideña, para o que agradecemos, como todos os anos, a colaboración de todas as familias con productos típicos destas datas.
domingo, 27 de noviembre de 2011
Recollida de xoguetes
A partires do 1 de decembro e ata o día 15, todas aquelas familias que queiran colaborar connosco na recollida de xoguetes usados (que se atopen en bo estado), poderán facelo entregándoos nas oficinas do ANPA de luns a venres en horario de 17:00 h. a 18:15h.
Todo o que recaudemos será destinado a unha entidade benéfica, coa finalidade de que todos os nenos/as teñan un regalo este Nadal.
domingo, 23 de octubre de 2011
sábado, 22 de octubre de 2011
Actuación de Peter Punk
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

