O vindeiro venres 21 de xuño, a partires das 16.00h, terá lugar no colexio a tradicional festa de fin de curso, na que todos os nenos e nenas poderán disfrutar dunha tarde chea de xogos e sorpresas.
Para rematar contaremos coma sempre, coa tradicional churrascada para pequenos e adultos.
Esperamos vervos a todos!!!!!
jueves, 13 de junio de 2013
viernes, 3 de mayo de 2013
V FESTA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Terá lugar o vindeiro sábado 25 de maio no Pavillón Municipal dos Campóns a partir das 16:00 horas.
Como todos os anos, agradeceríamos que colaborásedes con nos, aportando algo para a merenda, que terá lugar ao remate de todas as exhibicións.
SERVIZO DE PRÉSTAMO DE LIBROS DE TEXTO
Para o vindeiro curso escolar 2013/2014, queremos poñer en funcionamento un programa de reutilización de libros de texto, coa finalidade de que unha cantidade de libros poidan ser aproveitados polos nosos alumnos e alumnas e supoña un aforro para as familias.
Para levar a cabo esta labor, necesitamos que todos os que queirades formar parte deste proxecto, e teñades nenos/as en 3º, 4º, 5º ou 6º de primaria, colaboredes con nos, aportando os libros deste curso ao remate do mesmo.
martes, 11 de diciembre de 2012
FESTA DE NADAL
O venres 21 de decembro celebraremos no pavillón do centro a tradicional festa de Nadal a partires das 17:30 horas. Os nenos que desexen asistir deberán traer debidamente cuberta a autorización que vos enviaremos nestes días.
Como en anos anteriores, terá lugar o concurso de postres navideños, que deberedes entregarnos ese día ao comezo da festa.
Pedimos tamén, coma sempre, a vosa colaboración para a merenda que terá lugar ao remate de todas as sorpresas que temos preparadas. Todo aquelo co que queirades colaborar (dulces, chocolates, turróns, biscoitos, etc.), poderedes entregalo no colexio ou na oficina do APA a partires do luns 17 de decembro.
Esperamos contar con todos vos para celebrar o inicio das
festas do Nadal ! ! !
lunes, 10 de diciembre de 2012
MOVILIZACIÓNS DO DÍA 13 DE DECEMBRO
O xoves 13 de decembro terán lugar unha serie de movilizacións en contra dos cambios no sistema educativo que o actual goberno pretende implantar.
Aquí poderedes ver o cartel informativo, así como o comunicado que nos enviou a Federación de APAS da Coruña e o manifesto que se vai ler na concentración prevista para as 19:00 horas.
Aquí poderedes ver o cartel informativo, así como o comunicado que nos enviou a Federación de APAS da Coruña e o manifesto que se vai ler na concentración prevista para as 19:00 horas.
lunes, 3 de diciembre de 2012
I CONCURSO DE ADORNOS DE NADAL
No Cartel informativo tedes toda a información necesaria sobre esta actividade.
Valoraranse só os adornos feitos exclusivamente polos nenos/as.
Valoraranse só os adornos feitos exclusivamente polos nenos/as.
jueves, 22 de noviembre de 2012
REUNIÓN ACTIVIDADE DE CANTO
Presentámosvos a información sobre a actividade de canto que pretendemos impartir no colexio a partires do mes de decembro. Esperamos que sexa do voso agrado e que asistades á reunión do martes 27 de novembro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

