lunes, 3 de diciembre de 2012

I CONCURSO DE ADORNOS DE NADAL

No Cartel informativo tedes toda a información necesaria sobre esta actividade.
Valoraranse só os adornos feitos exclusivamente polos nenos/as.

jueves, 22 de noviembre de 2012

REUNIÓN ACTIVIDADE DE CANTO

Presentámosvos a información sobre a actividade de canto que pretendemos impartir no colexio a partires do mes de decembro. Esperamos que sexa do voso agrado e que asistades á reunión do martes 27 de novembro.

martes, 20 de noviembre de 2012

RECOLLIDA DE ROUPA E XOGUETES

Un ano máis queremos colaborar coa ONG Equus Zebra da Coruña para conseguir que todos os nenos e nenas teñan un agasallo polo Nadal. Este ano, a parte dos xoguetes, imos recoller tamén roupa usada que se atope en bó estado.
Por iso, animámosvos a todos a que colaboredes na medida en que poidades para conseguir este obxectivo humanitario.

O prazo de recollida de xoguetes será dende o luns 26 de novembro ata o venres 14 de decembro na oficina do APA en horario de 16:30 h a 18:15 h.

lunes, 5 de noviembre de 2012

FESTA DO MAGOSTO 2012

O vindeiro venres día 9 de novembro terá lugar no colexio a celebración do Magosto.

A partir das 15:00 horas, contaremos coa actuación do paiaso Peter Punk (pertencente á rede cultural da Deputación e subvencionada polo APA), que coma noutras ocasións, dará un toque especial a esta festa.

Despois farase entrega dos premios aos gañadores do concurso dos recipientes das castañas.

Finalmente poderemos degustar, todos xuntos, das tradicionais castañas asadas.

Contamos con todos vos a partires das 16:15 horas.

miércoles, 17 de octubre de 2012

ANTEPROXECTO DA REFORMA EDUCATIVA

Como consecuencia das últimas novidades, recortes e movilizacións en relación co sistema educativo actual, enviamos a todas as familias a seguinte circular informativa sobre este tema.


Para máis información podedes acceder á páxina web: http://www.fedapascoruna.org/


Así mesmo, presentámosvos o anteproxecto de reforma educativa que o goberno actual pretende levar a cabo, para que poidades valorar e opinar.

lunes, 24 de septiembre de 2012

VENDA DE MATERIAL USADO DE ACTIVIDADES


Se estades interesados en vender o material que non usedes de actividades extraescolares, ben porque os vosos fillos/as non van á actividade ou porque xa non lles serve, podedes entregalo na oficina do APA, xa que hai outras familias que poden estar interesadas en compralo de segunda man. Tal é o caso de patinaxe (patíns e traxes), ximnasia rítmica (traxes e punteiras), xoquei (paos), etc.

Para resolver calquera dúbida estamos á vosa disposición. Podedes poñervos en contacto con nós a través de e-mail, teléfonos de contacto ou na oficina do APA.