Un ano máis queremos colaborar coa ONG Equus Zebra da Coruña para conseguir que todos os nenos e nenas teñan un agasallo polo Nadal. Este ano, a parte dos xoguetes, imos recoller tamén roupa usada que se atope en bó estado.
Por iso, animámosvos a todos a que colaboredes na medida en que poidades para conseguir este obxectivo humanitario.
O prazo de recollida de xoguetes será dende o luns 26 de novembro ata o venres 14 de decembro na oficina do APA en horario de 16:30 h a 18:15 h.
martes, 20 de noviembre de 2012
lunes, 5 de noviembre de 2012
FESTA DO MAGOSTO 2012
O vindeiro venres día 9 de novembro terá lugar no colexio a celebración do Magosto.
A partir das 15:00 horas, contaremos coa actuación do paiaso Peter Punk (pertencente á rede cultural da Deputación e subvencionada polo APA), que coma noutras ocasións, dará un toque especial a esta festa.
Despois farase entrega dos premios aos gañadores do concurso dos recipientes das castañas.
Finalmente poderemos degustar, todos xuntos, das tradicionais castañas asadas.
Contamos con todos vos a partires das 16:15 horas.

miércoles, 17 de octubre de 2012
ANTEPROXECTO DA REFORMA EDUCATIVA
Como consecuencia das últimas novidades, recortes e movilizacións en relación co sistema educativo actual, enviamos a todas as familias a seguinte circular informativa sobre este tema.
Para máis información podedes acceder á páxina web: http://www.fedapascoruna.org/
Así mesmo, presentámosvos o anteproxecto de reforma educativa que o goberno actual pretende levar a cabo, para que poidades valorar e opinar.

lunes, 24 de septiembre de 2012
VENDA DE MATERIAL USADO DE ACTIVIDADES
Para resolver calquera dúbida estamos á vosa disposición. Podedes poñervos en contacto con nós a través de e-mail, teléfonos de contacto ou na oficina do APA.
domingo, 23 de septiembre de 2012
viernes, 14 de septiembre de 2012
Dende esta directiva, damos a benvida ás novas familias que este ano pasan a formar parte desta comunidade escolar, e animámolas a que se fagan socios/as do APA.
Con este afán, dende a directiva desta asociación, convidámosvos a todos os pais e nais a asistir á asamblea xeral de inicio do curso que terá lugar o vindeiro venres día 21 de setembro ás 19:00 h en primeira convocatoria e ás 19:30 h en segunda, na que trataremos temas como: presentación da nova directiva, a programación das actividades extraescolares para este curso, etc. e resoveremos todas aquelas dúbidas que se vos plantexen a cerca do funcionamento e desenvolvemento das actividades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)