lunes, 24 de septiembre de 2012

VENDA DE MATERIAL USADO DE ACTIVIDADES


Se estades interesados en vender o material que non usedes de actividades extraescolares, ben porque os vosos fillos/as non van á actividade ou porque xa non lles serve, podedes entregalo na oficina do APA, xa que hai outras familias que poden estar interesadas en compralo de segunda man. Tal é o caso de patinaxe (patíns e traxes), ximnasia rítmica (traxes e punteiras), xoquei (paos), etc.

Para resolver calquera dúbida estamos á vosa disposición. Podedes poñervos en contacto con nós a través de e-mail, teléfonos de contacto ou na oficina do APA.       

viernes, 14 de septiembre de 2012

Un ano máis comezamos un novo curso escolar co desexo de mellorar en todos aqueles aspectos que afectan á vida escolar do noso centro.

Dende esta directiva, damos a benvida ás novas familias que este ano pasan a formar parte desta comunidade escolar, e animámolas a que se fagan socios/as do APA.

Con este afán, dende a directiva desta asociación, convidámosvos a todos os pais e nais a asistir á asamblea xeral de inicio do curso que terá lugar o vindeiro venres día 21 de setembro ás 19:00 h en primeira convocatoria e ás 19:30 h en segunda, na que trataremos temas como: presentación da nova directiva, a programación das actividades extraescolares para este curso, etc. e resoveremos todas aquelas dúbidas que se vos plantexen a cerca do funcionamento e desenvolvemento das actividades.

sábado, 9 de junio de 2012

FESTA FIN DE CURSO

O venres 22 de xuño a partires das 16:00 horas, terá lugar, coma todos os anos, a festa de fin de curso organizada polo APA, para celebrar o remate do curso escolar.

Contaremos cun innumerable número de hinchables, talleres didácticos e moita, moita diversión, que esperamos que sexan do agrado de todos os nenos e nenas do colexio, pais, familiares e amigos.

Remataremos coa tradicional churrascada.

ESTADES TODOS INVITADOS!!!!!!!          
                                  

ASAMBLEA XERAL FIN DE CURSO

Lembrámosvos a todos/as que o venres 15 de xuño terá lugar a celebración da asamblea xeral de fin de curso a partires das 19:00 horas en 1ª convocatoria e 19:30 en 2ª convocatoria.

Agradecemos de antemán a vosa asistencia.

IV FESTA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

TRÍPTICO INFORMATIVO