domingo, 23 de septiembre de 2012
viernes, 14 de septiembre de 2012
Dende esta directiva, damos a benvida ás novas familias que este ano pasan a formar parte desta comunidade escolar, e animámolas a que se fagan socios/as do APA.
Con este afán, dende a directiva desta asociación, convidámosvos a todos os pais e nais a asistir á asamblea xeral de inicio do curso que terá lugar o vindeiro venres día 21 de setembro ás 19:00 h en primeira convocatoria e ás 19:30 h en segunda, na que trataremos temas como: presentación da nova directiva, a programación das actividades extraescolares para este curso, etc. e resoveremos todas aquelas dúbidas que se vos plantexen a cerca do funcionamento e desenvolvemento das actividades.
sábado, 9 de junio de 2012
FESTA FIN DE CURSO
O venres 22 de xuño a partires das 16:00 horas, terá lugar, coma todos os anos, a festa de fin de curso organizada polo APA, para celebrar o remate do curso escolar.Contaremos cun innumerable número de hinchables, talleres didácticos e moita, moita diversión, que esperamos que sexan do agrado de todos os nenos e nenas do colexio, pais, familiares e amigos.
Remataremos coa tradicional churrascada.
ESTADES TODOS INVITADOS!!!!!!!
ASAMBLEA XERAL FIN DE CURSO
Lembrámosvos a todos/as que o venres 15 de xuño terá lugar a celebración da asamblea xeral de fin de curso a partires das 19:00 horas en 1ª convocatoria e 19:30 en 2ª convocatoria.
Agradecemos de antemán a vosa asistencia.
Agradecemos de antemán a vosa asistencia.
miércoles, 16 de mayo de 2012
EXCURSIÓN Á ILLA DE ONS
O vindeiro día 16 de xuño (sábado) iremos todos de excursión á illa de Ons.
Viaxaremos en autobús ata Bueu e alí colleremos o barco ata a illa, onde pasaremos unha agradable xornada, guiados en todo momento por monitores especializados.
Enviámosvos unha circular con toda a información referente a esta excursión, así como o impreso de inscrición.
Cremos que a viaxe en barco é unha experiencia novedosa para a maioría dos nosos fillos/as, por iso esperamos que vos animedes a participar connosco nesta excursión aventureira.
martes, 15 de mayo de 2012
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O luns 28 de maio, en conmemoración do Día das Letras Galegas, celebraremos no comedor do colexio unha pequena obra de teatro protagonizada polos nenos/as que asisten a esta actividade extraescolar.
Esta representación terá lugar a partires das 17:00 horas e ao remate da mesma, haberá unha merenda para todos os rapaces/as asistentes.
Todos os alumnos/as que queiran asistir deberán traer debidamente cuberta a autorización antes do mércores 23 de maio.
ESTADES TODOS INVITADOS!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
