miércoles, 16 de mayo de 2012

EXCURSIÓN Á ILLA DE ONS

O vindeiro día 16 de xuño (sábado)  iremos todos de excursión á illa de Ons.

Viaxaremos en autobús ata Bueu e alí colleremos o barco ata a illa, onde pasaremos unha agradable xornada, guiados en todo momento por monitores especializados.

Enviámosvos unha circular con toda a información referente a esta excursión, así como o impreso de inscrición.
Cremos que a viaxe en barco é unha experiencia novedosa para a maioría dos nosos fillos/as, por iso esperamos que vos animedes a participar connosco nesta excursión aventureira.



martes, 15 de mayo de 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


O luns 28 de maio, en conmemoración do Día das Letras Galegas, celebraremos no comedor do colexio unha pequena obra de teatro protagonizada polos nenos/as que asisten a esta actividade extraescolar.
Esta representación terá lugar a partires das 17:00 horas e ao remate da mesma, haberá unha merenda para todos os rapaces/as asistentes.

Todos os alumnos/as que queiran asistir deberán traer debidamente cuberta a autorización antes do mércores 23 de maio. 

  ESTADES TODOS INVITADOS!!!

lunes, 23 de abril de 2012

FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR

No mes de xaneiro, debido ás innumerables queixas recibidas nesta asociación por parte de moitas familias sobre o funcionamento do comedor escolar durante este curso, presentamos un escrito dirixido á dirección do centro no que se recollian todos os problemas que as familias nos comentaban sobre o servizo de comedor.

Pasado o tempo sen atopar ningunha solución, vémonos na obriga de formalizar unha reclamación conxunta dirixida á Consellería de Educación, que presentaremos xunto con todas as sinaturas das familias afectadas.
Prazo para recoller as sinaturas: do mércores 25 de abril ao venres 4 de maio, na oficina do APA, dende as 17:00 h ata as 18:15 h.

Agradecemos anticipadamente a vosa colaboración, para tentar mellorar a calidade do servizo de comedor a prol dos nosos fillos/as.

Informámosvos de que a reclamación foi presentada no rexistro da Xunta de Galicia con data 11/05/2012.



lunes, 26 de marzo de 2012

XORNADA LECTIVA

A continuación publicamos o Proxecto de modificación da xornada lectiva presentado polo centro para a modificación da xornada lectiva. Así mesmo queremos que reflexionedes sobre unha serie de cuestións que pasamos a expoñer nas circulares enviadas por e-mail ás familias asociadas.

Circular 1

Circular 2 (enviada a raíz de certas críticas a esta asociación).

miércoles, 1 de febrero de 2012

Festa de Entroido

   O  vindeiro venres 17 de febreiro, celebraremos, como todos os anos, a festa de Entroido.Terá lugar a partires das 17:30 horas no pavillón do colexio e contaremos coa actuación do clown Jano.

  Para facervos unha idea da súa divertida actuación, presentámosvos   o seu video promocional, esperando que sexa do voso agrado.

 Remataremos a festa coa tradicional merenda para todos os asistentes, para o que agradeceremos a colaboración de todas as familias con productos típicos destas datas.



                                             

jueves, 8 de diciembre de 2011

Semana de portas abertas

Dende o mércores 14 de decembro e ata o martes día 20 terá lugar, como todos os trimestres, a xornada de portas abertas (no colexio, pavillón do colexio e dos Campóns e piscina da Barcala), de 17:15 horas a 18:15 horas.
Todos os pais e familiares poderán comprobar todo o que aprenderon os nosos rapaces/as nas actividades extraescolares.

Lembrámosvos que para asistir á actividade de natación, é necesario levar chanclas.

lunes, 5 de diciembre de 2011

Festa de Nadal

O día 21 de decembro celebraremos unha festa para todos no pavillón do colexio, a partires das 17:30 horas.

Será unha tarde máxica na que haberá moitas sorpresas agradables:
  • Visitaranos Papá Noel, para que os nenos lle poidan entregar as súas cartas.
  • Haberá un concurso de postres navideños, no que poderán participar todos os pais, titores e familiares que o desexen.
  • Faremos tamén un concurso de postais navideñas, no que poderán participar todos/as nenos/as que queiran, entregando as súas tarxetas antes do día 19 de decembro.
  • Haberá tamén xogos e obradoiros guiados por monitores especializados.
  • E, por último a tradicional merenda navideña, para o que agradecemos, como todos os anos, a colaboración de todas as familias con productos típicos destas datas.